Scroll Top

Proxecto BIOCULTIVA (Nexos 2025)

As entidades Gestora de Subprodutos de Galicia, S.L., Orixe Salgada, S.L., Néboda Farms, S.L., Kiwi Atlántico, S.A. e Bodegas Terras Gauda, S.A. resultaron beneficiarias dunha axuda concedida no marco da convocatoria Nexos 2025 da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para a execución do proxecto colaborativo de I+D+i BIOCULTIVA, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Galicia FEDER 2021 – 2027.
O proxecto BIOCULTIVA ten como obxectivo investigar, desenvolver e validar bioestimulantes sostibles e innovadores, obtidos mediante a valorización de subprodutos orgánicos de orixe animal e vexetal, co fin de mellorar a resiliencia dos cultivos fronte a patóxenos fúnxicos e favorecer a rexeneración e saúde dos solos, contribuíndo a unha agricultura máis sostible e aliñada cos principios de economía circular.
Tras a recente recepción da resolución de concesión, o proxecto atópase na súa fase inicial de execución, tendo posto en marcha as primeiras actuacións de coordinación do consorcio, planificación técnica e selección de materias primas e contornos de validación, que permitirán o desenvolvemento progresivo das actividades de investigación, desenvolvemento e validación previstas en BIOCULTIVA.